A xuízo dos nacionalistas, esta medida supón unha auténtica incautación por parte do Estado de recursos dos municipios. O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, salientou que “non dubidamos da necesidade de fondos nestes momentos de crise sanitaria e socio-económica”, mais engadiu que “sabemos que é precisamente no ámbito local onde máis necesaria e efectiva pode ser unha inxección de recursos que permita aos concellos atender as enormes necesidades de protección social” acentuadas pola crise sanitaria e contribuír a reactivar a economía no ámbito local. Deste xeito, Rego trasladou durante a súa comparecencia na Comisión de Facenda, o rexeitamento taxativo por parte do BNG da pretensión do Goberno español de apropiarse dos recursos aforrados polos concellos galegos. Néstor Rego instou a derrogar a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Estabilidade Financeira, coñecida como Lei Montoro, como xa solicitara no Congreso o pasado mes de xullo a través dunha Proposición Non de Lei para permitir aos concellos utilizar os seus remanentes no momento en que máis os precisan.
37