O BNG suma o apoio de Compromiso por Galicia cara o 10N

1 minutes read
  • Ambas formacións formalizan o apoio cun acordo que recolle os principios políticos condensados nun decálogo e coa incorporación de candidatas e candidatos de CxG nas listas do BNG.

O BNG suma o apoio de CxG ás candidaturas que a formación nacionalista que lidera Ana Pontón presenta ás eleccións xerais, e así se plasma nun acordo que ambas forzas asinaron en Santiago, no que se recollen os principios políticos sintetizados nun decálogo así como a incorporación de catro integrantes de CxG nas listas coas que o Bloque concorre ás urnas o vindeiro 10N.

No acto, tanto a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, como o secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo, puxeron en valor un acordo que consideran froito “da responsabilidade, da xenerosidade e da clareza das posicións políticas na defensa dos intereses da sociedade galega, e que ten un único obxectivo sumar o 10N para garantir que Galiza teña representación de país no Congreso”.

O documento do acordo salienta o feito de seren ambas “forzas políticas galegas, non subordinadas a ningunha outra de ámbito estatal e capaces de defender con liberdade e garantías os intereses, dereitos, propostas e aspiracións do pobo galego”.