O BNG tende a man ás persoas decepcionadas coa discriminación de Galicia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitou o primeiro mitin de campaña nun Teatro Principal de Pontevedra abarrotado para pedir o apoio dos galegos e das galegas desencantadas cos catro anos de lexislatura marcados pola discriminación a Galicia, desaparecida da axenda estatal. A todas animou a dar un cambio o 28 de abril optando pola papeleta do BNG.

“Quero vervos cun sorriso de orella a orella e quero pedirvos que sexades a nosa voz, que amplifiquedes esa onda de simpatía, porque Galicia necesita ter quen a defenda sen subordinacións e sen ataduras. E a papeleta que pode garantir que Galicia sexa decisiva e respectada é a do BNG”, recalcou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha