O BNG traslada as medidas que debe aplicar o Goberno para frear a suba de prezos

1 minutes read

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou, na reunión co Ministro de Presidencia e a Vicepresidenta 2ª do Goberno, as medidas xustas e urxentes que se deben aplicar no ámbito estatal para frear a escalada de prezos que provocan o empobrecemento das clases populares. Durante a reunión, o deputado nacionalista destacou a necesidade implantar as medidas de maneira inmediata e non esperar até a semana que vén, tal e como anunciou o Presidente do Goberno.

No paquete de medidas propostas pola organización nacionalista priman as do sector eléctrico e a regulación do prezo dos carburantes. Por outra banda, a formación nacionalista defende “a suba das pensións mínimas e os salarios mínimos até 60% do Salario Medio tal e como recolle a Carta Social Europea” e a suba dos salarios co IPC. De maneira inmediata, medidas como a suba de prestacións social tales como o Ingreso Mínimo Vital (IMV) e mesmo a ampliación do bono social e o bono eléctrico.

Rego conclúe que, no ámbito fiscal, ademais da necesidade dunha profunda reforma das políticas fiscais para conseguir que pague máis quen máis ten, son precisas medidas urxentes como a deflación da tarifa do IRPF, aumentar o imposto de sociedades. Remata vendo preciso “unha baixada selectiva do IVE ao tipo superrreducido de 4%  de determinados bens e servizos como os alimentos, produtos do mar, produtos de hixiene e hixiene feminina, transporte público ou servizos esenciais como o gas e a electricidade”.