O Bloque Nacionalista Galego urxe reforzar a Agrupación Local de Protección Civil en Vigo, segundo afirman, diante das dificultades denunciadas polo propio voluntariado. A fronte nacionalista reclama ao Goberno municipal que atenda as demandas do persoal para dotar de máis recursos o servizo e lamenta que non teña actuado antes malia ter coñecemento «desde hai moito tempo» das eivas que afectan ao seu funcionamento. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, acusou de «desleixo» á concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, por non dotar dos recursos necesarios para exercer nas mellores condicións este servizo esencial.