O BNG urxe un pleno no Parlamento para abordar os efectos da segunda onda da Covid-19

Olalla Rodil_BNG.

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil,compareceu este xoves publicamente para reclamar a convocatoria urxente dun pleno extraordinario no Parlamento galego no que afrontar o impacto que terán na situación sanitaria, económica e social as novas restricións que afectan a toda Galicia, singularmente, as da capital galega e outras localidades. Rodil, explica que é preciso establecer unha estratexia global que supere a sucesión de medidas que se anuncian mesmo sen explicar que as motiva.”Vemos con preocupación como están a evolucionar os datos, o aumento do número de contaxios, a transmisión comunitaria e a presión asistencial e o número de persoas falecidas”, apuntou a dirixente nacionalista, que urxe a convocatoria para a semana vindeira. Igualmente, a formación que lidera Ana Pontón insiste en demandar do presidente da Xunta anticipación no control da pandemia nas residencias da terceira idade, blindado todos os centros a través dunha intervención pública mentres dure a crise sanitaria.