0
O BNG vai solicitar unha comisión de investigación no Parlamento sobre as concesións eólicas. Os nacionalistas aseguran que levan tempo reclamando información á Xunta e que non lles responden.
A voceira nacional do Bloque, Ana Pontón acusa ao goberno galego de opacidade, de ocultar información e ao presidente Rueda de favorecer ás empresas eléctricas por riba dos intereses dos galegos favorecendo “o espolio eólico”.
Pontón puxo como exemplo o caso da empresa eólica Greenalia, a quen supostamente a Xunta perdoou 11,7 millóns de euros.