O BNG vai solicitar unha comisión de investigación sobre as concesións eólicas

Cedida.

O BNG vai solicitar unha comisión de investigación no Parlamento sobre as concesións eólicas. Os nacionalistas aseguran que levan tempo reclamando información á Xunta e que non lles responden.

A voceira nacional do Bloque, Ana Pontón acusa ao goberno galego de opacidade, de ocultar información e ao presidente Rueda de favorecer ás empresas eléctricas por riba dos intereses dos galegos favorecendo «o espolio eólico».

Pontón puxo como exemplo o caso da empresa eólica Greenalia, a quen supostamente a Xunta perdoou 11,7 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha