27
O deputado do BNG, Néstor Rego, cualifica como «paso importante» a aplicación das medidas asinadas no acordo de investidura entre BNG e PSOE, en xaneiro de 2020.
Néstor Rego destacou que as medidas recollidas son positivas para o conxunto dos galegos e galegas. «Hoxe dáse un paso adiante importante dando cumprimento, en termos xerais, o acordo de investidura asinado polo BNG e o PSOE» valora o deputado nacionalista.
Destaca que isto é a confirmación da utilidade do traballo político do BNG no Congreso cun acordo que conseguiu desbloquear a Axenda Galega e incorporar unha serie de medidas para solucionar problemas «que en moitos casos levaban décadas esperando».