O BNG valora positivamente o cumprimento do acordo para os descontos na AP-9


O deputado do BNG, Néstor Rego, cualifica como “paso importante” a aplicación das medidas asinadas no acordo de investidura entre BNG e PSOE, en xaneiro de 2020.

Néstor Rego destacou que as medidas recollidas son positivas para o conxunto dos galegos e galegas. “Hoxe dáse un paso adiante importante dando cumprimento, en termos xerais, o acordo de investidura asinado polo BNG e o PSOE” valora o deputado nacionalista.

Destaca que isto é a confirmación da utilidade do traballo político do BNG no Congreso cun acordo que conseguiu desbloquear a Axenda Galega e incorporar unha serie de medidas para solucionar problemas “que en moitos casos levaban décadas esperando”.