0
O BNG preséntase a estas eleccións co lema O mellor para Carballo. Podes velo en bandeirolas, carteis e outros soportes publicitarios, ou tamén na portada do boletín O Anllóns, que no seu número 43 recolle un balance do traballo desenvolvido ao longo dos últimos catro anos para seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir. Pero ademais dende o BNG vinculan o lema con algúns dos aspectos que consideran claves para o futuro e que constitúen, ao mesmo tempo, os piares do seu programa electoral: a promoción da empresa e dos produtos locais, o compromiso co desenvolvemento sostible e a necesidade de crear as condicións necesarias para que os nenos e as nenas poidan herdar un Carballo mellor.