O BNG rexeitou o proxecto de lei do Partido Popular para creación da universidade privada “Universidade Intercontinental de la Empresa”, polo seu carácter “elitista e excluínte”. O parlamentario do BNG, Manuel Lourenzo reprochou ao Partido Popular a súa intención de crear “unha lei” para beneficiar ao Presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet e cuestionou “este premio” despois de regalar máis de 8 mil millóns de euros para rescatar á banca. Tras pedir a retirada da lei, Lourenzo lembrou que os reitores das universidades públicas galegas, o voto particular das asociación sindicais e os colectivos estudantís pronunciáronse en contra do proxecto que só conta co apoio do Partido Popular para beneficiar a Escotet e “privatizar a universidade.
36