34
Galicia pode reactivar a maquinaria electoral, freada en seco o pasado mes de marzo co estalido da pandemia por Covid-19, cando o estime oportuno tendo en conta de que, entre a nova convocatoria de comicios e a celebración efectiva dos mesmos, han de transcorrer 54 días. A posibilidade de reemprender o camiño cara ás eleccións foi unha das reclamacións principais expostas a pasada semana polo Partido Nacionalista Vasco como condición para prestar o seu apoio á cuarta prórroga do estado de alarma solicitada polo Goberno, polo que Euskadi tamén poderá subirse ao carro electoral.