O Bono Cultura anima as compras do Nadal con máis de 50.000 operacións

1 minutes read

O Bono Cultura da Xunta está a dinamizar as compras neste Nadal, con máis de 50.000 operacións desde a súa posta en marcha. A campaña continúa ata o 31 de decembro, tempo no que se poderá seguir gozando dos descontos do 50% nos máis de 560 negocios culturais adheridos.

A iniciativa desenvólvese con éxito desde os primeiros días, despois de que todas as descargas dispoñibles se esgotasen nas primeiras 19 horas.

O Bono pode destinarse á compra de libros, música en CD ou vinilo, produtos audiovisuais como películas ou series en formato físico, videoxogos, entradas para salas de cine, concertos, espectáculos escénicos, museos…

Cada usuario rexistrado ten un bono por valor de 50€ e, en cada compra, obtén un desconto do 50%, que pode usar tantas veces como desexe ata esgotar o crédito dispoñible. Os establecementos poden consultarse en www.bonocultura.gal. Ademais, poden identificarse grazas ao selo distintivo e o material de promoción do que dispoñen.