O Bono Turístico inxectou preto de 300.000 euros na pasada ponte de Santos

1 minutes read
Hotel Nagari Vigo.

O bono turístico inxectou preto de 300.000 euros dende o venres ata o pasado luns, o que confirma a progresiva reactivación do sector en Galicia. O gasto feito polos usuarios do bono nestes días festivos coincide cunha ocupación nos establecementos hoteleiros que, nalgunhas localidades turísticas, achegouse ao cen por cen da súa capacidade.

O bono turístico activouse este ano como complemento da campaña posta en marcha no 2020 en favor dos profesionais sanitarios. Aberto no mes de xuño ao público en xeral, os beneficiarios, que como se recordará esgotaron en poucas horas a oferta dispoñible, corren co 40% do gasto que realicen nos establecementos turísticos galegos, en tanto que a Xunta aporta o 60 % restante.


As previsións pasan por mobilizar a través do bono turístico 7,8 millóns de euros no sector en todo 2021. O gasto feito polos usuarios nesta ponte confirma que se trata dunha medida moi beneficiosa para reactivar o turismo tras meses de paralización por mor da pandemia.