O Bono turístico ‘Quedamos en Galicia 2022’ ten 114 adheridos na comarca de Santiago


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de A Baña, José Andrés García, lembrou que desde o xoves, 15 de setembro, xa está de novo activado o bono turístico “Quedamos en Galicia” que ten adheridos 114 establecementos na comarca de Santiago.

Trenor fixo estas declaracións,  no transcurso dunha visita a Carballeira do Tambre un dos establecementos que se poden seleccionar, ubicado no Concello de A Baña, dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

Subliñou que “chegamos ao remate desta terceira edición cun gran éxito de participación, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta e que os galegos descubran os grandes atractivos turísticos que hai na nosa terra”.