O bono turístico ‘Quedamos en Galicia 2022’ ten 65 locais adheridos na Costa da Morte

2 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, lembrou que desde o pasado xoves, 15 de setembro, xa está de novo activado o bono turístico “Quedamos en Galicia” que ten adheridos 65 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 433.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021.

Trenor fixo estas declaracións, acompañado no transcurso dunha visita ás Cabañas da Fonte en Canduas un dos establecementos que se poden seleccionar, ubicado no Concello de Cabana de Bergantiños, dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos ao remate desta terceira edición cun gran éxito de participación, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”.

Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estuvimos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.

O delegado da Xunta rematou recalcando que “Galicia está de moda” e puxo en valor a profesionalidade do sector e a solidariedade e responsabilidade dos galegos na consecución destes fitos.

LOCALES ADHERIDOS NO BONO TURÍSTICO 2022 NA COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

DENOMINACIÓNTIPOLOXÍAMUNICIPIOTOTAL POR MUNICIPIO
CASA LUGAR DE TRASANDETURISMO RURALA LARACHA1
A CASA DA ESTRELLAAPARTAMENTOSCABANA DE BERGANTIÑOS3
CABAÑAS DA FONTEAPARTAMENTOSCABANA DE BERGANTIÑOS
TURISMO RURAL O XASTRE DE ANOSTURISMO RURALCABANA DE BERGANTIÑOS
O MAR DE PRECIOSAPENSIÓNSCAMARIÑAS2
PLAYA DE CAMARIÑASPENSIÓNSCAMARIÑAS
BALNEARIO DE CARBALLOHOTEISCARBALLO6
MAR DE MENTA VIAXESAXENCIAS DE VIAXESCARBALLO
MAR DE QUEOTURISMO RURALCARBALLO
MAR DE QUEO 2HOTEISCARBALLO
PUNTA DEL ESTEHOTEISCARBALLO
RÍO SILPENSIÓNSCARBALLO
A BALLENERAPENSIÓNSCEE10
AS EIRASHOTEISCEE
CABANAS DA RÍAAPARTAMENTOSCEE
CABAÑAS DE LIRESAPARTAMENTOSCEE
CASA JESÚSTURISMO RURALCEE
CASA RAÚLTURISMO RURALCEE
HOTEL INSUAHOTEISCEE
PENSION LIRESCAPENSIÓNSCEE
RÍA DE LIRESHOTEISCEE
TRAVELS TO FINISTERRE, S.L.AXENCIAS DE VIAXESCEE
APARTAMENTOS VIDA CORCUBIONAPARTAMENTOSCORCUBIÓN1
CASA DE SANTA UXÍATURISMO RURALDUMBRÍA2
HOTEL MAR DO EZAROHOTEISDUMBRÍA
A CASIÑA DE DINAVIVENDAS TURÍSTICASFISTERRA12
ALÉN DO MARHOTEISFISTERRA
APARTAMENTOS VIDA FINISTERREAPARTAMENTOSFISTERRA
CABAÑAS FISTERRAAPARTAMENTOSFISTERRA
COSTA DA MORTEHOTEISFISTERRA
HCABOSPORTPENSIÓNSFISTERRA
HOTEL MAR DA ARDORA NATUREZA E PRAIAHOTEISFISTERRA
HOTEL MAR DE FISTERRAHOTEISFISTERRA
HOTEL RÚSTICO FINISTERRAEHOTEISFISTERRA
HOTEL VIDA FINISTERRE CENTROHOTEISFISTERRA
O SEMAFOROHOTEISFISTERRA
PRADO DA VIÑAHOTEISFISTERRA
A TORRE DE LAXEHOTEISLAXE6
CABANAS NAREAAPARTAMENTOSLAXE
CASA RURAL DE ARRUEIROTURISMO RURALLAXE
HOTEL MAR DE LAXEHOTEISLAXE
HOTEL O NÁUTICOHOTEISLAXE
PLAYA DE LAXEHOTEISLAXE
A CASA DA VASCAPENSIÓNSMALPICA DE BERGANTIÑOS2
CABANAS DE VENDAVALCÁMPINGSMALPICA DE BERGANTIÑOS
A DE LOLÓHOTEISMUXÍA13
APARTAMENTOS VIDA MUXIAAPARTAMENTOSMUXÍA
CAMIÑO DA BARCAAPARTAMENTOSMUXÍA
CASA CASTIÑEIRATURISMO RURALMUXÍA
CASA DAS FIADEIRAS DE NEMIÑATURISMO RURALMUXÍA
CASA DE LEMAPENSIÓNSMUXÍA
CASA FONTEQUEIROSOHOTEISMUXÍA
ET SUSEIAALBERGUESMUXÍA
HOSTEL MONATERIO DE MORAIMEALBERGUESMUXÍA
LA CRUZHOTEISMUXÍA
PARADOR COSTA DA MORTEHOTEISMUXÍA
PRAIA DO CAPITANAPARTAMENTOSMUXÍA
SOLPOR DO COÍDOPENSIÓNSMUXÍA
CASA DO CASEIROAPARTAMENTOSPONTECESO2
PLAYA DE OSMOAPARTAMENTOSPONTECESO
A CASA DA CANLEAPARTAMENTOSVIMIANZO3
CASAS DA FONTENLAAPARTAMENTOSVIMIANZO
PASTORIZAPENSIÓNSVIMIANZO
CASA DO RELOJEROPENSIÓNSZAS2
CASA DO VENTOHOTEISZAS
 TOTAL COSTA DA MORTE 65