A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu ante a Comisión 6ª do Parlamento para facer balance da iniciativa levada a cabo polo Goberno galego para incentivar o turismo na nosa Comunidade, o Bono Turístico #QuedamosEnGalicia, do que resultaron beneficiadas 39.051 persoas. Durante a súa comparecencia, Nava Castro expuxo que o bono turístico foi posto en marcha coa intención de axudar e impulsar a reactivación económica do sector, así como de incentivar aos galegos e galegas a consumir no turismo galego.
Neste senso, indicou que o bono turístico marcou un punto de inflexión no impulso ao sector turístico galego e na recuperación económica, demostrándose isto gracias aos datos obtidos nas tres edicións do mesmo, tanto no volume de empresas adheridas como polo número de beneficiarios. Nesta última edición, ademais de reincentivar o sector turístico tamén se pretendía paliar a estacionalidade turística, polo que se promoveu o uso da tarxeta fóra dos meses de verán, non estando operativa entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.