‘O bosque vivente’ abre este sábado a programación de Vigocultura

O alcalde e Carmela Silva avanzaron este xoves no MARCO o inicio da programación este sábado 3 de febreiro ás 19:00 horas da man da Compañía Sarao Producción&Animación na rúa do Príncipe cun espectáculo de teatro de rúa que procura a implicación do público infantil e adulto. Abel Caballero convidou á cidadanía viguesa a asistir aos 28 espectáculos que se desenvolverán desde este sábado 3 de febreiro e ata o vindeiro 28 de abril. Teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo conforman a oferta da programación municipal de artes escénicas para o primeiro trimestre do ano 2024.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha