O Breogán regresa á liga ACB


O Río Breogán utilizou a súa apisoadora en Andalucía este domingo para desfacerse do Covirán Granada 57-83, confirmando deste xeito o seu sexto ascenso á máxima categoría, onde transcorreu gran parte da súa historia. O Breogán afrontou o comezo de cada parte moito mellor que o seu rival. Ao comezo estableceu un 3-21 grazas a cinco triplos case seguidos e tras o descanso, outro parcial de 0-10 púxolles o ascenso na man. O máximo anotador do conxunto galego foi Adam Sollazo con 15 puntos.