O impacto do Brexit vai máis aló do ámbito da política. Así quedou demostrado na feira da internet. Un encontro que ten lugar en Lisboa e no que a saída do Reino Unido da Unión Europea é un dos temas principais de conversación. Asunto ao que se referiu Michel Barnier. “De maneira xeneralizada, a Unión Europea esixirá garantías sólidas para velar pola igualdade de condicións en todos os ámbitos. Producirase unha maior competencia económica entre a UE e o Reino Unido. É algo normal. Pero, as institucións europeas non tolerarán unha vantaxe competitiva inxusta”, declaraba Barnier.