O Bueu recorre a sanción que lle foi imposta por non asistir ao partido contra o Tejina

A directiva do club Bueu Atlético Balonmán presentou un recurso ante o Comité de Apelación da Real Federación Española de Balonmán, no que solicita a devolución inmediata dos 1.000 € de sanción, a restitución dos 2 puntos que se lle quitaron e a procura dunha nova data para celebrar o partido entre o BM Tejina e Bueu Atlético Balonmán de categoría Primeira Nacional Masculina que se deu por perdido. Desde o Club esperan que a RFEBM reconsidere a reclamación, ao entender que se trata dunha sanción totalmente inxusta e onde, segundo eles, existe un defecto de forma ou mala praxe do propio Comité de Competición da RFEBM. Desde a Directiva do BUEU ATLETICO BALONMAN informan que tomarán cantas medidas legais sexan necesarias, e estarán dispostos a levar á REAL FEDERACION ESPAÑOLA DE BALONMÁN ante os tribunais, co único obxectivo de restituír a dignidade dun club humilde con máis de 40 anos de historia. Afirman que “A DIGNIDADE DUN CLUB, VALE MÁIS QUE 4 PUNTOS E 1.000 EUROS”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha