- As autoridades seguiran os pasos do buque desde a escala que fixera na Coruña
O pesqueiro ‘Gure Leire’ fixo a súa escala final en Vigo, e as autoridades aprehenderon as 2,5 toneladas de cocaína que o buque traía para Galicia desde América do Sur. A contía da droga supera os 80 millóns de euros.
Os sete tripulantes, galegos e vascos, xa pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, despois de ser detidos o pasado 27 de maio en alta mar por orde do Xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional, quen decretou prisión provisional para todos de forma telemática. Tamén se realizaron rexistros en tres domicilios en Ondarroa e Berriatua.
Esta investigación, denominada «Operación Tiburón», comezou no mes de abril cando os axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira sospeitaron do ‘Gure Leire’ ao facer escala na Coruña para aprovisionarse de forma extraordinaria de combustible, segundo explicou a delegada especial da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote.
Xa existían sospeitas de que o ‘Gure Leire’, con base no porto de Ondarroa, se adicaba á actividades relacionadas co narcotráfico desde facía varios anos.
Os 84 fardos de droga proviñan de Surinam, América de Sur, e no mercado alcanzarían un valor superior aos 80 millóns de euros.
O buque de operacións especiais de Vixilancia Aduaneira ‘Fulmar’ foi o encargado de remolcar a porto ao ‘Gure Leire’.