O buque Patiño de aprovisionamento en combate recalou na súa base en Ferrol

O buque de aprovisionamento Patiño regresou este domingo á súa base despois de case dous meses e medio de operacións no Mediterráneo oriental dando apoio loxístico á frota da Alianza Atlántica. É unha historia de ausencias e reencontros con dúas miradas. Unha é a dos que agardan en terra máis de dous meses despois da despedida forzosa. A outra é a mirada dos que regresan tras unha operación esixente moi lonxe da casa. A mirada de cento noventa homes e mulleres que partiron o 27 de setembro para apoiar a misión preventiva de resposta da OTAN á invasión rusa de Ucraína no Mediterráneo oriental. O Patiño amarrou no peirao dez de Navantia minutos despois das once e media da mañá deste domingo. As dúas miradas, a dos que quedaron e a dos que marcharon, volveron encontrarse.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha