O cadáver localizado no mar en Santoña é o da nena desaparecida en Santander


O corpo localizado á primeira hora deste martes fronte á costa de Santoña é o da menor de 14 anos desaparecida en Santander o pasado xoves, segundo confirmou o delegado do Goberno en Cantabria, Eduardo Echevarría, quen trasladou o seu apoio á familia da pequena.

Nun comunicado, Echevarría pide “comprensión e respecto” para esa familia e que “poidan vivir o dó na intimidade”, e asegurou que a Policía Xudicial informou á familia e ao Xulgado de Instrución número 3 de Santander, encargado das dilixencias do caso, tras realizarlle ao corpo as probas forenses.

Un pesqueiro localizou mentres faenaba no mar, un corpo dunha persoa nova, que posteriormente recolleu da auga un barco de Salvamento Marítimo e foi trasladado ao Instituto de Anatomía Forense de Cantabria.

As probas forenses realizadas confirmaron que o corpo é o da moza de 14 anos que desapareceu o pasado xoves de Santander, e cuxa mochila fora atopada xunto aos cantís do parque de Mataleñas, polo que a principal hipótese da Policía Nacional é que se caeu ao mar.