‘O caixón das lembranzas’, o novo proxecto cultural de Cabana para lembrar a súa historia

1 minutes read
  • Con esta iniciativa, o goberno local busca crear un arquivo fotográfico o máis amplo posible

O Concello de Cabana de Bergantiños inicia unha campaña de recollida de material fotográfico do século XX co obxectivo de poder compilalo nun libro e unha exposición baixo o título ‘O caixón das lembranzas’. O departamento de Cultura pide a colaboración dos veciños para reunir todo o material e crear un arquivo o máis amplo posible que, actualmente, está composto por 120 fotografías tomadas en todas as parroquias.

Esta iniciativa ten como antecedente a boa acollida da campaña de recordos fotográficos posta en marcha o pasado día 1 de marzo con motivo do Día da Muller.

Todas aquelas persoas interesadas en ceder as súas fotografías persoais poden atopar o formulario de participación en www.cabana.gal e nas redes sociais do Concello.