O Calvo Basket Xiria campión do Grupo Norte da Primeira División Autonómica Masculina

0 minutes read

Á falta dunha xornada, o Calvo Basket Xiria proclamouse este sábado campión do Grupo Norte da Primeira División Autonómica Masculina. Tiña unha cita importante na casa, recibía a un rival muy parello en xogo e resultados como era o Obradoiro USC, pero o equipo carballés solucionouno con nota. Con parciais de 24-15, 24-13, 12-22 e 16-15, o Basket Xiria asinou unha nova vitoria ante a súa afección no Vila de Noia, con 11 puntos de superioridade ante o seu rival, 76-65. Asier Comendeiro foi o Xogador Calvo da xornada con 20 puntos.