O Calvo Basket Xiria cultivou a súa primeira vitoria da tempada


O Calvo Basket Xiria recibía este sábado na casa a visita do do Club Baloncesto Costa Artabra. A corrección de erros por parte do equipo local produciu efecto. Un bo traballo defensivo fixo decantar a balanza ao lado do Calvo Basket Xiria con parciais de 18-16, 23-22, 20-14 e 26-19. Cun resultado final de 87-71. Alex Iglesias foi o xogador Calvo da xornada con 21 puntos.