Este sábado 22 ás 20:00 horas comezará o partido da 3ª xornada en Liga EBA, entre o CALVO BASKET XIRIA, que se enfronta ó CORINTO GIJÓN BASKET no Palacio de Deportes Adolfo Suárez. Será o primeiro, dos tres deprazamentos, que os carballeses farán a cidade de Xixón.
Esta semana é a primeira saída fora de Galicia, a mellor noticia é que o Xiria adestrou con todo ó equipo ao completo, feito que non sucedía dende fai semanas –polas lesións_ e tiveron uns adestramentos de moita calidade, co deste venres, que se dedicou en exclusiva á preparación do encontro.
Con respecto ao Gijón Basket, Héctor Méndez, comenta que é unha praza moi complicada. Cun equipo que domina o xogo interior, con xogadores importantes. Ademais os xóvenes xogadores exteriores, teñen un xogo moi vertical e son grandes defensores.
O Calvo Basket Xiria desprazará a todo o equipo ó completo para facerlle fronte ó partido, logo dunha boa semana de adestramentos e sen ningún lesionado. Espera disputar o partido e coma en anteriores ocasións xogalo de “ti a ti”, fronte a un gran rival e intentar dala sorpresa a modo de triunfo.
35