O Calvo Basket Xiria enderezou o rumbo para gañarlle ao Ávila no Vila de Noia

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria voltou este sábado á pista de xogo do Municipal Vila de Noia para desputar o encontro correspondente á xornada 14 da liga EBA -Grupo AB, foi contra o Hotel 4Postes – Ávila Auténtica -El Bulevar, dous rivais directos na xeral. O conxunto visitante mostrouse moi ofensivo no comezo do partido, onde o Calvo Basket Xiria lograba controlar a situación para levarse o primeiro cuarto 19-15. No segundo cambiaron as tornas, o conxunto carballés entrou en barrena e os abulenses non perdoaron, 19-28, chegando ao ecuador do partido cun resultado de 38-43.

Tras o paso por vestiarios o Calvo Basket Xiria tomou de novo o temón do partido, posicionándose seis puntos por diante do rival, cun gran parcial para os carballeses de 31-20, terminando o terceiro cuarto 6 puntos arriba, cun 69-63. A pesar desta vantaxe, tanto uns como os outros puxeron todo o seu empeño de levarse o partido e marcáronse un parcial moi igualado de 20-19, pero a vitoria quedaría na casa (89-82) con certa tranquilidade e cun James Potier imparable en todo momento, que destacaría como xogador Calvo da xornada con 31 puntos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?