O Calvo Basket Xiria ficha ó base Carlos Varela e ó pivot arxentino Manuel Oillataguerre

A Dirección Deportiva de Basket Xiria ven de pechar as dúas primeiras fichaxes para esta tempada e moi pronto Héctor Méndez terá a súa disposición ó base Carlos Varela e ó pivot arxentino Manuel Oillataguerre. Mentras non comeza a pretempada o Calvo Basket Xiria, os novos xogadores do conxunto carballés, adestrarán co Leyma Coruña, froito do acordo de vinculación que unirá ós xogadores e que dende as dúa entidades levan anos asinando diferentes convenios de colaboración mutua.
➔ CARLOS VARELA ROMERO (Cádiz / 2005) – 1,92m
Xoven xogador de procedencia paterna en A Coruña e con moita experiencia acumulada, pois xa debutou fai 4 tempadas na antigua Liga EBA (16 anos). Base versátil con gran visión de xogo e bo pasador. Capaz de penetrar a canastra e bo porcentaxe de tiro exterior (32,5% de triplas nas dúas últimas tempadas).

  • Traxectoria Deportiva:
  • Tempada 21/22: LIGA EBA – BODEGÓN ANDALUCIA C.B CIMBI
  • Tempada 22/23: LIGA EBA – REAL BETIS BALONCESTO
  • Tempada 23/24: LIGA EBA – OBRDOIRO AMES + BAUBLOCK GYMNÁSTICA
  • Tempada 24/25: LIGA EBA – BAUBLOCK GYMNÁSTICA
  • ➔ MANUEL OILLATAGUERRE (Ayucucho, ARXENTINA / 2004) – 2,03m
    Xogador que destaca polo seu porte atlético e con gran embergadura (2,07m), o que fai del un bo reboteador. Capacidade para defenter tanto a interiores, coma exteriores, sendo a defensa unha das súas fortalezas. Con gran mobilidade para xogar pick and roll de cara ó aro, ou abrirse para tiro dende a liña de 3 puntos.
  • Traxectoria Deportiva:
  • Desde os 14 anos, formou parte de diferentes equipos Arxentinos: OBRAS, ATLÉTICO PILAR, SPORTIVO ESCOBAR e REGATAS SAN NICOLAS.
  • Tempada 24/25: Liga Autonómica Madrid – CB AZUDENSE

Related posts

O Pleno da Laracha aproba por unanimidade a proposta para destinar os fondos do POS+ Adicional

O programa de exercicio físico para maiores de 65 anos arrincará o 1 de outubro en quince parroquias de Carballo

Íntegro inicia unha campaña de limpeza de praias na Costa da Morte da man de Diversiplás