O Calvo Basket Xiria incorpora ao xogador catalán Pau Isern

Cedida.

Pau Isern Maza, xogador que destaca no bo dribbling e gran manexo de balón (1,90 m.), que pode actuar como escolta e basee –combo guard–. As súas estatísticas en Liga EBA – Grupo C foron de: 12,6 puntos e 4,0 rebotes en 28 minutos nos 21 partidos xogados (valoración media 13 ptos). Trátase da segunda incorporación anunciada ata o momento polo Calvo Basket Xiria que traballa na confección do persoal para esta tempada, na que aspira a manter a categoría.

Tras os seus inicios con 4 anos, Pau, comezou a xogar no CB Santfeliuenc e a medida que o tempo pasaba a súa evolución foi constante, aumento en etapa de formación e xogando dous campionatos de España en 2017 e 2018. Segundo melloraba a súa evolución coma xogador, o interese de varios clubs barceloneses fixo que cambiase de Clubs, ata dar o salto á Liga EBA a tempada pasada, da man do CB Roser.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha