O Calvo Basket Xiria manda en Ourense (74-81)

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria fixo un gran partido este domingo na pista do Solgaleo Bosco Salesianos, a quen se impuxo por 74-81 nun intenso e igualado encontro, (36-44 ao descanso). Con este resultado, o Xiria afiánzase na sexta praza con 23 puntos. A clave da vitoria do conxunto carballés estivo nos últimos segundos onde anotou seis puntos nunha contenda que estaba moi igualada, 74-75. Asier Comendeiro e Valentín Carrizo foron dos máis destacados do encontro. Asier meteu os seus catro intentos de triplo e alcanzou os 14 puntos, mentres que Valentín sumou 13 puntos e 6 asistencias en 28 minutos. Parciais: (17/20 19/24 18/10 20/27).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?