O Calvo Basket Xiria non foi quen de puntuar en terras asturianas


Xa estaba escrito, o Círculo Gijón é un rival moi complicado que ocupa un dos postos altos da táboa clasificatoria. Posiblemente un dos mellores conxuntos da categoría, xa en Carballo demostrou o equipo que forma, sendo un dos partidos máis complicados que afrontou o Calvo Basket Xiria nesta tempada. Teñen moito poderío físico, gran acerto nos tiros e xogadores de nivel superior á Liga EBA. O Calvo Basket Xiria non fixo un mal partido nesta xornada 22 de Liga EBA, pero un malo segundo cuarto afastouno por completo de traer algo positivo no marcador de terras asturianas. 15-17, 6-21, 16-16 e 18-23, foi o resultado dos cuartos que sumaron unha vitoria de doce arriba para o Círculo Gijón ao remate do encontro, 72-60. Pau Isern volveu a ser o xogador Calvo do partido con 16 puntos, 8 rebotes e 5 asistencias.