O Calvo Basket Xiria non logrou gañar en Oviedo

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria chegaba ao Polideportivo Universitario de Oviedo coa moral alta tras cinco vitorias seguidas no seu palmarés, de feito comezou dominando durante os primeiros pases do encontro que disputou este domingo contra o Universidade de Oviedo. Os locais non se amedrentaron e co apoio de se afección lograron levarse o primeiro cuarto por 19-14. Tras o reinicio, os carballeses axustáronse un pouco mellor e lograron endereitar o rumbo do seu xogo por encima do rival, levándose o segundo cuarto ao seu favor con diferenza, 31-38.

Tras o paso por vestiarios o equipo local saíu moi motivado e logrou recuperar o perdido á conta dun Calvo Basket Xiria menos dominante e efectivo que se viu superado por 11 puntos antes de a traca final, 30-19. No último cuarto os de Héctor Méndez lograban estabilizar o partido e mesmo foron superiores por momentos, aínda que non con demasiado acerto, 17-16. Ao final, resultado axustado e vitoria para os asturianos, 78-73

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?