O Calvo Basket Xiria non pode co Chantada

0 minutes read

Era previsible de que podía pasar, e así foi, o Calvo Basket Xiria caeu derrotado na casa fronte ao Chantada no partido correspondente á sexta xornada da LigaEBA. O certo é que o equipo lucense de Alberto Fafián, que a pasada tempada mesmo disputou a fase de ascenso a LEB Prata, posúe un gran persoal e os de Fernando Buendía pouco puideron facer, salvo algunha pincelada para equilibrar o encontro. Ao final o resultado e a derrota foi contundente, 56-75.

Declaracións do xogador do Calvo Basket Xiria Martín Bello, ao finalizar o partido.