38
Estaba todo de fronte, pero non puido ser. Nunha xornada de sábado para esquecer, deportivamente falando para o deporte carballés, o Calvo Basket Xiria non puido brindarlle unha vitoria á súa afección, ao non ser quen de superar ao seu rival, o Porriño Baloncesto. A todo iso, o conxunto local que dirixe Héctor Méndez, chegou dominando ao descanso, tras un moi bo segundo cuarto, por unha vantaxe de dous puntos, 35-33. A marxe era relativamente curta e o equipo pontevedrés igualou o terceiro cuarto e gañou o último, ao final levou o partido por cinco puntos de vantaxe no cómputo global, 61 a 66. Asier Comendeiro foi o xogador do partido con 20 puntos, 11 rebotes e 5 faltas recibidas.