O Calvo Basket Xiria non puido co CB Chantada

O Calvo Basket Xiria non fixo un mal partido, pero acabou perdendo ante o Chantada este domingo de Entroido no Vila de Noia. O Xiria fixo un moi bo comezo de partido, pero foi un espellismo en canto o rival se decatou de que se lle ía das mans e sobre a bucina cun triplo rescatou un primeiro cuarto que tiñan literalmente perdido, (16-17). No segundo cuarto un parcial de 18-26 permitiulles aos chantadinos irse ao descanso xa con 9 puntos de superioridade (34-43). Basket Xiria tentouno, pero fíxoselle costa arriba e ao final os chantadinos sentenciaron o encontro de forma contundente, 61-81

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha