O Calvo Basket Xiria non puido, por pouco, co ‘óso duro’ do Ucoga CB Chantada, (72-64)

O Ucoga Seguros CB Chantada, que recuperaba a Aarón Gómez e Hugo Rey, dous xogadores que levaban tempo sen xogar, caéuselle Alejandro Rodríguez á última hora, defendía o liderado da categoría no pavillón municipal ás 18.30 horas deste sábado, onde recibía ao Calvo Basket Xiria que buscaba dar a badalada como en Xixón, pero non puido ser.

O conxunto local imprimiu o seu poderío desde o minuto un, o primeiro cuarto finalizou con dez ao seu favor 22-12, o segundo 19-15, o terceiro 16-20, e o último e definitivo 15-17. Unha reincidencia de faltas propiciou o achegamento do Xiria no terceiro cuarto, pero foi pouco máis que un espellismo dentro dun encontro onde case se reeditou o partido de Copa Galicia, cunha moi boa actuación do conxunto local.

Xa na recta final os xogadores do Basket Xiria dérono todo e tentaron chegar ao último minuto do partido preto do rival, de feito puxéronse a catro puntos, a remontada sería histórica, pero foi imposible, ao final 72-64.

Rubén Rey foi o xogador Calvo do partido con 17 puntos, 7 rebotes, 5 faltas recibidas e 14 de valoración. Boas sensacións para un Calvo Basket Xiria que a recado vai traballar duro para seguir tuteando aos mellores da categoría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha