O Calvo Basket Xiria pecha 2023 cunha axustada vitoria na casa

Tres vitorias consecutivas é unha forma inmellorable de pechar a competición deportiva este ano 2023 para o Calvo Basket Xiria en Liga EBA. Os de Héctor Méndez recibían este sábado na casa a visita do Tartiere Xixón, a priori, un equipo asequible, situado na parte baixa da táboa, pero que plantou cara en todo momento ao Calvo Basket Xiria. Os carballeses gañaron os os dous primeiros parciais, índose ao descanso cunha vantaxe de nove puntos sobre o rival, (43-34). O terceiro cuarto servía para que o Basket Xiria aumentase a súa vantaxe ata os dezaseis cun gran Valentín Carrizo (que acabou como máximo anotador con 21 puntos, 4 triplos e 7 rebotes). Con todo no tamo final do partido, un exceso de confianza case pon contra as cordas ao Calvo Basket Xiria. Os asturianos recortaban distancias ata chegar a poñerse a tiro de canastra tripla. En todo caso, a vitoria quedouse na casa, pero foi demasiado sufrida e axustada, 87-80.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha