O conxunto senior masculino do Basket Xiria disputa a última xornada de Liga, será en Carballo, diante do Obradoiro USC, este sábado día 2 ás 17:00 horas no Pavillón Vila de Noia. Xa coa clasificación asegurada, o gran aliciente do partido é ver en que posto remata o equipo, xa que os cruces da fase final dirimiranse segundo o posto acadado por cada conxunto. Coma sempre, o Calvo Basket Xiria intentará gañar o partido para dedicarlle a vitoria aos seus siareiros, xogadoras e xogadores da canteira, logo dunha gran tempada na 1ª Masculina. Recordar que a fase final previa terá lugar o 23 e 24 de abril, e a gran final do campionato de 1º División masculina, será o fin de semana do 1 de maio.
As xogadoras do Dimolk Basket Xiria Artai, tamén se despedirán dos aficcionados en Carballo, será o domingo día 3 ás 12:00 horas no Pavillón Vila de Noia, contra o Club Esclavas da Coruña. Neste penúltimo partido da 2ª División Femenino, as sénior xogaranse a clasificación e rematar en postos altos da táboa clasificatoria, a falta do último partido de volta na Coruña, rematando así a Liga. Disputarán a fase de ascenso os dous equipos clasificados en 1º e 2º lugar e o nome das campioas, xa está asignado ao Club Baloncesto do Lea (Lugo).