O Calvo Basket Xiria pechou a tempada con derrota, pero con coraxe

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria perdeu o último partido da tempada xogado este sábado ante o segundo clasificado na competición, o Obradoiro Silleda, por 107-96. Un xeito amargo para despedir esta tempada na Liga EBA para o Calvo Basket Xiria. O conxunto local foi claramente superior aínda que o equipo carballés tamén estivo moi enchufado por momentos no partido. Os cuartos quedaron do seguinte xeito, 35-26, 13-28, 34-16 e 25-26. O Club emitiu un comunicado nas redes no que agradece a entrega, esforzo, adicación e traballo de todos os xogadores, así como do corpo técnico, que a pesar da pandemia, Carballo puido vivir a Liga EBA unha tempada máis. Toca mirar cara adiante con moita ilusión, pensando, máis pronto que tarde, na vindeira tempada.