O Calvo Basket Xiria perde por dous puntos en Xixón


Nivelada vitoria do Xixón Basket este domingo ante o Calvo Basket Xiria. O conxunto asturiano, que habitualmente dirixe Fran Sánchez, -actualmente sancionado- tiña como consigna volver gañar e logrouno, fíxose co partido por un axustado resultado de dous puntos 76-74. O conxunto carballés foi claro dominador dos primeiros dous cuartos do partido en liñas xerais, cun resultado de 17-26 e 19-22, pero o Xixón Basket apropiouse do encontro na parte final, cun contundente 21-12 e 19-14. Deste xeito o conxunto asturiano acumula 10 vitorias e 6 derrotas e o equipo carballés seis vitorias e sete derrotas. Jovan Vukasinovic, foi o Xogador Calvo da semana.