O Calvo Basket Xiria disputou este domingo ante o Santo Domingo, en Betanzos, o partido aprazado correspondente á xornada 16. Os cuartos quedaron como sigue, 12-14, 16-18, 26-16 e 29-21. O conxunto carballés xogou unha boa primeira parte ante un dos rivais directos na loita pola salvación, fíxoo cun par de erros en pases «regalados» de faltas en ataque. Na segunda parte todo cambiou, mala defensa do Xiria e un Santo Domingo máis entonado con bos acertos de tiro exterior, que pese aos cambios ordenados por Fer Buendía, mantiveron ao equipo local cun mellor xogo. O baixo nivel de xogo e a baixa por lesión de Bruno Palloti, non axudaron ao equipo carballés a manter un final de partido con posibilidades de remontada dos 14 puntos de diferenza.
28
