O Calvo Basket Xiria perdeu na complicada pista da Estrada por 70-65

O equipo carballés faríalle moita ilusión encadear tres partidos gañados de xeito consecutivo, pero non puido ser. A cancha sempre difícil do Pavillón Coto Ferreiro da Estrada e con xogadores de moito nivel no equipo local, acabaron condicionando un partido no que o Calvo basket Xiria gañou tres dos catro cuartos, pero a baixa puntuación no segundo período, con só dez puntos por 21 do rival, resultou determinante de cara a definición do encontro. Pau Isern foi o xogador Calvo da xornada con 27 puntos, 8 rebotes e 2 asistencias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha