O Calvo Basket Xiria presenta equipo e inicia Copa Galicia EBA

O Domingo 10 ás 18:00h, no Pavillón Vila de Noia, teremos a oportunidade de ver, de xeito gratuíto, ao novo CALVO BASKET XIRIA, neste inicio de tempada 2023/24. Baixo o paraugas da COPA GALICIA EBA, organizada pola Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), o equipo carballés xogará ademáis os seguintes partidos: MÉRCORES 13, ás 20:30h, no Pavillón carballés Vila de Noia, contra o TRAUMARCOR CULLEREDO. Rematará o DOMINGO 17 ás 19:00h, Pazo Provincial Deporte de Lugo, o seu último partido, na fase de grupos da COPA GALICIA EBA, contra o RIO DE GALCIA ESTUDIANTES. Os gañadores dos grupos A e B, xogará a final da COPA, en lugar e hora por determinar pola FEBABA, coma sucedeu a tempada pasada ao equipo carballés, que xogou a final en Carballo contra o UCOGA CHANTADA, quedando subcampión do torneo.


O novo equipo configurado por Héctor Méndez, que renovou oito (8) xogadores da tempada pasada -ver ROSTER adxunto-, sumará tres reforzos: un base arxentino: VALETIN CARRIZO (2002), que inicia o seu periplo en Liga EBA e procede da cidade arxentina de Bahía Blanca (ao igual que o ex-xogador Bruno Pallotti tempada 21/22). O pivot NAHUEL PEÑA (2002 e 2,06m), xoven xogador almeriense, que ten unha boa proxección a futuro. Finalmente únese ó CALVO BASKET XIRIA, un xogador galego xa coñecido, o aleiro PAU SENDRA (2002), cunha contrastada traxectoria en Liga EBA (Obradoiro, Culleredo e Aridane).


Xa para rematar, mencionar que comezará esta tempada 2023/24, desprazándonos para xogar a primeiro partido da tempada o 30/09/2023, contra AVILA AUTENTICA e debutará en Carballo contra o BOSCO SALESIANOS, o sábado 07/10/2023. Esta tempada a Conferencia “A” da LIGA EBA estará formada por 28 equipos, divididos en 2 subgrupos (A e B), sendo o “Grupo B” asignado ao CALVO BASKET XIRIA e resto de equipos galegos (Obradoiro Ames, CB Chantada, CB Marín Peixegalego, Bosco Ourense, Estudiantes Lugo e CB Culleredo -estes dous últimos recen ascendidos-).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha