O Calvo Basket Xiria quedou inscrito na LIGA EBA para a vindeira tempada 2023/24

A Secretaría Xeral da Federación Española de Baloncesto comunicou á Escola Basket Xiria, que unha vez revisada a documentación presentada para a inscrición do Calvo Basket Xiria e comprobado por parte da Comisión Delegada que se cumpriron tódolos requisitos esixidos polo Regulamento Xeral e de Competicións, informase que o citado equipo queda inscrito na LIGA EBA CONFERENCIA «A» para a tempada 2023/2024. Esta categoría estará formada por 28 equipos, divididos en 2 subgrupos (A e B), sendo o “Grupo B” asignado ao Calvo Basket Xiria e resto de equipos galegos (Obradoiro Ames, CB Chantada, CB Marín Peixegalego, Bosco Ourense, Estudiantes Lugo e CB Culleredo -estes dous últimos recen ascendidos-), que previsiblemente estará composta por equipos de Asturias e Castela León. A competición comezará o primeiro fin de semana de Outubro, sendo a primeira xornada o 01/10/2023.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha