O Calvo Basket Xiria recibe ao Agustinos Leclerc de León

0 minutes read

A cita será este sábado 5 de decembro ás 18:30 horas no pavillón Vila de Noia. A adquisición das entradas para os socios e socias xa se pode facer desde este xoves, previa inscrición, estando condicionada á aceptación do Protocolo Covid-19 para encontros deportivos nas instalacións do pavillón municipal “Vila de Noia”, establecido polo Servizo Municipal de Deportes do Concello de Carballo.