O Calvo Basket Xiria recibe ao Ávila Auténtica-Carrefour “El Bulevar”


  • A cita será este sábado en Carballo, ás 17:30 horas no Pavillón Vila de Noia.

Partido da Liga EBA correspondente á 11ª Xornada e último partido de 2019. Visita Carballo o Ávila Auténtica-Carrefour “El Bulevar”, equipo que militou a tempada pasada en LEB Prata e este ano atópase nas primeiras posicións, ocupando exactamente o posto 3 na táboa clasificatoria.

Encontro moi importante para o Calvo Basket Xiria, que fai un chamamento a toda a afección para que acuda en masa a presenciar o encontro e animar ao seu equipo, para tentar rematar o ano cunha necesaria vitoria.

Jovan Vukasinovic pivot do Calvo Basket Xiria coméntanos o partido deste sábado.