A cita, este sábado ás 17:00 horas, no pavillón Vila de Noia. Na primeira volta, os visitantes, perderon varios partidos nos minutos finais e actualmente deixaron atrás esa negativa e están na parte media/alta (5º posto con 12-7) da clasificación. É un equipo moi sólido, cuns bos exteriores con tiro rápido, xogan ben o contra ataque, e un xogo moi colectivo. Deciden moi ben en accións ofensivas e no xogo de 1×1. «Vainos costar moitísimo defendelos e sacar o noso xogo, para intentar paralos un pouco mais do habitual, nos primeiros minutos do seu ataque para que non poidan meter canastras fáciles», afirman dende o clube carballés.
En cando a esta semana do CALVO BASKET XIRIA, o adestrador Héctor Méndez, a define como: “algo rara, xa que cambiaron as canastras a metade da tempada (… pouco habitual) e non é o máis idóneo”. «Estivemos adestrando o tiro moito máis do normal, para coller un pouco o tacto dos aros. Pero adestrando pensando en nós, no noso xogo e non no contrario. Coa intención de crecer na nosa forma de xogo, para facerlles dano ó rival en ataque e afianzar a nosa defensa, para facerlle fronte. Os xogadores teñen moita ilusión, folgos e sabemos que nestas dúas próximas nos xogamos parte da tempada. Intentaremos pechar os últimos detalles no adestramento do venres e gustaríanos que na “casa” haxa un bo ambiente e que o publico veña a apoiarnos para conseguir unha vitoria nesta xornada», conclúe.